www.radioredondela.com Hoxe é Venres, 6 de Decembro de 2019

Convocan unha concentración contra a apertura dunha casa de apostas en Redondela
Sociedade • 23/09/2019
Autor: M. X. Queimaliños

A mobilización terá lugar hoxe luns ás 18:00 horas ás portas do local que está a ser reformado para albergar un salón de xogos no que se prevé instalar un mini casino, un bar e un despacho de todo tipo de apostas.  A Coordinadora veciñal creada logo de coñecerse a intención de instalar este negocio en Redondela anima a veciños e veciñas a participar da concentración que terá lugar na Rúa Ernestina Otero.


Unha coordinadora conformada por veciños a título particular así como por Anpas e colectivos sociais que amosan a súa preocupación ante a problemática que leva aparellada este tipo de negocios que, insisten, buscan instalarse en zonas especialmente vulnerables "neste caso ao carón dos centros educativos e as instalacións deportivas da Marisma, moi empregadas pola xuventude, un grupo especialmente fráxil en canto á adicción ao xogo".


Ademais desta concentración que busca "amosar o rexeitamento da veciñanza a esta instalación" demandan tamén dos grupos políticos que se posicionen publicamente neste tema.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: