www.radioredondela.com Hoxe é Venres, 6 de Decembro de 2019

Showcooking con Santiago Figueroa no Colexio Laredo para promocionar o consumo de peixe
Institucional • 23/09/2019
Autor: M. X. Queimaliños

O alumnado do colexio Laredo de Chapela participa este martes da presentación do proxecto "Edukando a comer: aprende a comer peixe branco". A actividade estrela da mañá, e na que participará todo o alumnado, é o showcooking que correrá a cargo dun dos máis destacados chefs do concello: Santiago Figueroa Carpintero. Elaborará, en directo, unha receita secreta exclusiva para o centro con peixe branco como principal ingrediente e que será degustado polo participantes.


Unha iniciativa promovida polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación e as asociacións ACOPES e ANASOL , que ten como obxectivo a promoción do consumo entre a poboación infantil e xuvenil do peixe branco, así como fornecer como actividades obrigatoria a educación nutricional en todas as etapas do ensino ao fío da lei Shokuiku xaponesa. Así, a través de diferentes dinámicas, o alumnado coñecerá estas especies e as súas propiedades tan saudables.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: