www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 22 de Outubro de 2019

Yolanda Castaño inaugura un ciclo de contacontos e actividades nas Bibliotecas Municipais
Cultura • 20/09/2019
Autor: M. X. Queimaliños

Contacontos en verso, bebecontos, ciencia con Harry Potter ou varias sesións de Scape room, son as propostas que nos deixan as bibliotecas, tnato en Redondela como en Chapela, neste inicio de curso, A primeira das propostas hoxe venres na biblioteca Xela Arias no Multiúsos do Piñeirla cun contacontos en verso a cargo da poeta Yolanda Castaño. Unha actividade ás 18:30 horas con entrada libre pensada para rapazada a partir de 3 anos .


Tamén antes de rematar o mes a biblioteca de Chapela acolle unha actividades orientada a cativos de 6 meses a tres anos de idade a cargo da compañía Trémola Teatro co seu espectáculo de bebecontos que leva por título: Que animaliño é?. Será o luns día 30 ás seis da tarde e neste caso compre inscrición previa na propia biblioteca.


O mes de outubro arrancará con propostas na biblioteca de Redondela, concretamente o venres 4 de outubro terá lugar o contacontos Soñando inventei con María Faltri e Jorge Juncal ás 18:30 h. unha proposta dirixida neste casos a rapazada a partir de 3 anos con entrada libre.


E os amantes de Harry Potter teñen tamén unha cita obrigada o día 10 de outubro. Ceo Aberto propón aos maiores de 7 anos un espectáculo interactivo no que se falará de ciencia a través da literatura do popular mago infantil. Os interesados deberán inscribirse canto antes xa que as prazas son limitadas.


E pecha esta intensa programación unha proposta de Escape room que xirará en torno a outro mítico libro "Alicia no país das marabillas". Baixo o nome Atrapados con Alicia, os participantes, maiores de 9 anos e que se teñan inscrito previamente, deberá atopar as pistas que os permita dar coa saída. Será o 18 de outubro na biblioteca de Redondela con tres sesións ás 17:00, 18:00, 19:00 horas.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: