www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 22 de Outubro de 2019

Soutomaior humanizará o camiño de Santiago ao seu paso por Arcade
Política • 18/09/2019
Autor: M. X. Queimaliños

O goberno local vén de encargar un estudo arquitectónico para mellorar os viarios polos que trancorre a ruta Xacobea co obxecto de valorar o custo e o impacto dunha posible humanización do Camiño de Santiago no seu itinerario a través do interior de Arcade. A medida pretende mellorar o estado do camiño para aproveitar o seu potencial turístico á vez que mellora a habitabilidade dos viarios interiores do caso urbano.


"Este estudo suporá un primeiro paso para comezar co proxecto de humanización do camiño de Santiago", destacou o alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, que indicou que unha vez se obteña a análise, estudarase a súa viabilidade e se procederá a redactar o proxecto que será necesario remitir  a patrimonio para a súa aprobación "polo que será aínda un proceso longo".


A variante portuguesa do Camiño de Santiago é unha das que maior afluencia de peregrinos rexistran durante todo o ano polos seus moderados desniveis, en comparación co resto de variantes, e os seus impresionantes vistas de todas as rías baixas. Por iso, segundo indico Reguera, investir na mellora do camiño de Santiago é investir na comodidade dos veciños, pero tamén é investir na imaxe que levan de nós eses miles de visitantes que temos cada ano procedentes de todo o mundo.


O estudo deberá incluír o custo e impacto dunha completa renovación das redes de servizos públicos, así como a creación de novas canalizacións para futuras instalacións de telefonía ou a ampliación da rede de iluminación pública.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: