www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 22 de Outubro de 2019

Vitoria e liderado para o Choco
Deporte • 16/09/2019
Autor: Ana Prieto

O conxunto redondelán é líder da Terceira División logo de gañar en Ourense. Na Primeira Galega o Arcade empatou sen goles en Tui, e na Segunda triunfo do Cesantes e empate do Atl.Vilar. No fútbo sala comezou a Preferente Sur con derrota do Redondela e empate do Campito. No balonmán a SAR Rodavigo comezou con derrota en León a liga de Honra Prata Feminina.


Terceira División



UD Ourense 0-1 Choco


O Choco situouse na primeira posición de Terceira División ao superar á Unión Deportiva Ourense no campo do Couto grazas a un tanto de Adrián Rodríguez aos dous minutos de partido. Tras o gol, os locais buscaron a igualada, pero atopáronse a un rival ben colocado, que pasou algún apuro e mesmo terminou cun futbolista menos sobre o terreo de xogo. Con todo, o Choco sumou os tres puntos para ascender á primeira praza en boa medida grazas ás intervencións dun gran Cortegoso.


O Choco mantense invicto, e defenderá o liderado a próxima xornada na casa ante o Estradense.


UD Ourense: Ángel Díez; Gabi, Viti, Corzo, Jar (Carlos, minuto 46), Presas (Hugo García, minuto 71), Rubén Durán, Champi (Tiago, minuto 60), Marquitos; Isi e Pedrosa.


Choco: Cortegoso; Mario, Abal, Yago, Diego, Matogueira (Aitor, minuto 46), Yerai, Sergio (Rancaño, minuto 68), Adrián, Félix e Tomás Abelleira (Martín, minuto 60).


Gol: 0-1, minuto 1: Adrián Vaz.


Árbitro: Calvelo Iglesias, da delegación de Santiago. Amoestou aos locais Gabi, Presas, Champi, Tiago e Hugo García e a Mario, Abal, Yago, Yerai, Sergio Santos, Aitor e Martín no Choco. Vermella directa para Sergio Santos cando estaba no banco despois de ser cambiado.


Primeira Autonómica



Tyde 0-0 Arcade


Reparto de puntos nun partido sen goles que deixa ao Arcade na penúltima praza. Próxima xornada Arcade-Unión Dena, o domingo reciben ao pechacancelas ás 16.45 horas no Salgueirón


Segunda Galicia



Cesantes 1-0 Atl. Faxilde


Vitoria pola mínima para o equipo redondelán, que é 10º. Na próxima xornada xógase o Sampaio-Cesantes, no campo da Xunqueira, cos anfitrións no 4º posto da táboa.


Ribeira 1-1 Atl. Vilar


Reparto de puntos nun partido moi disputado. Os de Jorge Iglesias suman 4 puntos e son 8º. O domingo recibirán ao Val Miñor, equipo co que están empatados a puntos. A cita no campo de San Martiño, ás 17.00 horas.


Terceira Galicia



Chapela 2-3 Sampaio


O Chapela perdeu o liderato do grupo nun partido moi disputado e con moitos goles. O equipo redondelán é agora 7º. Na próxima xornada repite como local, recibe ao Teis, que é 9º. Ás 12.00 no campo de Parada


Nespereira 1-3 Peñasco


O Nespereira segue na parte baixa da táboa, aínda non foi quen de puntuar nestas dúas primeiras xornadas de liga. O domingo xogará no campo do Vigo 2015, conxunto que está na súa mesma situación.


Fútbol Sala Preferente Sur



Redondela Maramar 2-4 Cereixa Gondomar


Na segunda xornada de liga o Redondela Maramar visita a pista do Verín Sala


Abetos Gondomar 3-3 Campito


A próxima xornada o Campito estréase en Chapela ante o Apostol


Balonmán División de Honra Prata Feminina



Rodríguez Cleba 31-25 Sar Rodavigo


A SAR Rodavigo non puido sumar unha vitoria na súa estrea ligueira. Caeu ante o Cleba leonés por 31-25. Marta Rodríguez e Tamara Seijo foron as xogadoras máis destacadas do equipo redondelán, anotando sete e cinco goles, respectivamente. O vindeiro sábado estrearanse en Redondela ante o Lanzarote Zozamas.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: