www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 22 de Setembro de 2019

A Casa da Cultura acolle a presentación do libro Paraños do escritor Luis Denís Crispín
Cultura • 12/09/2019
Autor: M. X. Queimaliños

Galego nacido en Leiro e residente en Arteixo, o escritor Luis Denis Crispin, chega a Redondela para presentar o seu libro Paraños, unha colección de máis de 500 microrrelatos reunidos en 300 páxinas editado por Casa Ruíz Morote. O acto será na Casa da Cultura o venres ás 20:30 horas e contará coa presenza do xornalista de La Tribuna de Ciudad Real, o redondelán Diego Antonio Farto San José, o tamén escritor local Franscisco Sobral e a alcaldesa Digna Rivas.


Paraños reúne, en pouco máis de 300 páxinas, 526 microrrelatos dunha gran variedade de estilos, recursos narrativos, que se alimenta da rica imaxinación do seu autor, na que se mesturan desde o sue Leiro natal ao seu coñecemento das tradicións galegas ou as experiencias acumuladas durante a súa vida en Canarias ou nas distintas cidades de Galicia.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: