www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 17 de Novembro de 2019

Os veciños de Soutomaior mobilízanse en "defensa da sanidade pública"
Política • 9/09/2019
Autor: M. X. Queimaliños

Ducias de veciños participaron este venres na concentración convocada polo BNG ás portas do centro de saúde de Romariz co obxecto de denunciar o "desmantelamento" da atención primaria neste municipio. Unha concentración que chegaba lodo de que durante varias semanas o consultorio de Soutomaior tivera que permanecer pechado e sen atención logo de que o Sergas trasladara ao seu facultativo ao centro de saúde de Arcade.


Anuncian que esta protesta será a primeira dunha "rolda de mobilizacións en defensa da sanidade pública" co obxecto de denunciar o que cualifican de "colapso absoluto na atención sanitaria do concello". Unha situación que explican "produciuse despois de que o PP non cubrise as baixas dos médicos de Arcade, deixando toda a atención do centro de saúde cun único substituto por catro horas. Situación que empeorou cando a consellaría de Sanidade decidiu pechar a atención sanitaria no consultorio de Soutomaior e desprazar a Arcade ao único facultativo desta parroquia".


Entenden que estes movemento son "a antesala do peche do consultorio de Soutomaior" polo que defenden a mobilización para denunciar unha vez máis que "estamos con menos médicos dos que nos corresponden, cun pediatra que aparece e desaparece, sen persoal sanitario, e cunha baixas que non se cobren. Soutomaior está a sufrir unha discriminación vergoñenta e a proba é que concellos veciños con menos habitantes teñen máis médicos cá nos".


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: