www.radioredondela.com Hoxe é Venres, 15 de Novembro de 2019

Denuncian o "desmantelamento" do consultorio médico de Soutomaior
Política • 2/09/2019
Autor: Ana Prieto

O consultorio de Soutomaior quedou sen ningún médico, o que obriga aos veciños a trasladarse ao Centro de Saúde de Arcade, que tamén durante días quedou sen facultativos ao non cubrir o Sergas as baixas. O BNG de Soutomaior anuncia unha mobilización cidadaá se a situación non se resolve "de inmediato".


Os veciños de Soutomaior quedaron sen médico no seu consultorio. Esta situación produciuse despois de que o Sergas pechase a atención neste consultorio ao desprazar ao médico ao Centro de Saúde de Arcade, servizo que tamén sen médicos durante días ao non cubrirse as baixas dos facultativos. O BNG denuncia que con esta situación a veciñanza de Soutomaior "queda privada do dereito a ser atendida no seu lugar de residencia", ao ter que desprazarse a Arcade para seren atendidos. Unha situación "sen precedentes", segundo advirte o voceiro nacionalista Manu Lourenzo, quen engade que "ou reaccionamos ou podemos estar ante o primeiro paso para o desmantelamento do consultorio de Soutomaior". Lourenzo critica os recortes do goberno da Xunta na sanidade pública e a actitude do alcalde, Agustín Reguera, ao que acusa de "calar" ante o Goberno do PP, "no canto de defender aos seus veciños". O portavoz do BNG advertiu se non hai unha solución "inmediata" no servizo de Atención Primaria en Soutomaior, organizarán unha mobilización.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: