www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 15 de Decembro de 2019

Unha vintena de colectivos participan na presentación do Plan de Mobilidade Sostible
Sociedade • 30/08/2019
Autor: Ana Prieto

Técnicos da empresa que elabora o Plan de Mobilidade Urbana Sostible (PMUS) presentaron onte o borrador do proxecto a colectivos e asociacións no Multiusos da Xunqueira. Propuxéronse mellores para a mobilidade dos peóns e as bicicletas, e rutas seguras para os escolares.


Unha vintena de colectivos participaron na presnetación, desde asociacións veciñais ata Comunidades de Montes, Anpas dos centros de ensino, Asociación


de Taxistas, de Empresarios, tamén Asociacións de Persoas con Diversidade Funcional e representantes de empresas de transporte público. A conelleira de Participación Cidadá, Susana Couñago, considera "fundamental" á hora de realizar unha proposta definitiva "contar coa opinión das distintas asociacións do Concello de Redondela", para ter así coñecemento "das demandas e necesidades das veciñas e veciños de Redondela". Entre as propostas recollidas falouse de melloras para os desprazamentos peonís, tanto de adultos como de nenos, coa creación de "rutas seguras" para os alumnos que se dirixen aos centros de ensino. Tamén se valorou a posiblidade de fomentar o uso da bicicleta coade implementación dun carril bici nos lugares onde sexa posible. O PMUS é un conxunto de actuacións que teñen como obxectivo a implantación de formas de desprazamento máis sostibles, "para que mobilidade sexa compatible co crecemento económico, a cohesión social e a defensa do medio ambiente".

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: