www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 22 de Setembro de 2019

O Rodosa Chapela busca unha praza pra a final da Copa Galicia ante o Frigoríficos do Morrazo
Deporte • 30/08/2019
Autor: Ana Prieto

Lalín acolle esta fin de semana a fase final da Copa Galicia Masculina, coa participación do equipo de Chapela, xunto con Frigoríficos do Morrazo Cangas, Teucro Condes de Albarei e Cisne. A final será retrasmitida en direto pola TVG 2 o domingo ás 20.00 horas.


Esta competición patrocinada pola Secretaría Xeral para o Deporte, comezou a mediados de agosto coa participación de doce equipos de Primeira Nacional, tres equipos de División de Honra Prata e un equipo de Asobal. Tras unhas semanas de competición esta fin de semana o Lalín Arena, con entrada libre para todos os interesados en asistir, será escenario das últimas eliminatorias.


O sabado ás 18:00 horas disputarase a primeira semifinal entre os Rodosa Chapela de Fran Teixeira e Rodosa Chapela. Ás 20:00 disputarase a segunda semifinal entre os Condes de Albarei Teucro e o Cisne Colexio Los Sauces.


O domingo vivirase a final ás 20:00 horas coa presenza das camaras da TVG 2. Os Condes de Albarei Teucro tentará revalidade o título de campión conseguido a pasada tempada ao vencer na final aos Frigoríficos do Morrazo Cangas. Eles volven ser os grandes favoritos para estar na final, malia que os de Chapela porán todo o seu empeño en facerse coa praza.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: