www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 22 de Setembro de 2019

Biotecnólogos por un día
Sociedade • 28/08/2019
Autor: Ana Prieto

A Biblioteca Municipal de Redondela acolle un obradoiro científico para nenos de 7 a 12 anos. "Biotecnólogos resolven un crime na biblioteca" é o nome da actividade, dirixida polo comunicador Manuel Vicente, gañador do III Premio Galicia de Xornalismo Científico. Será o venres, 6 de setembro, ás 12.00 da mañá.


Trátase dun obradoiro de divulgación científica durante o cal a rapazada terá que resolver un enigma. Todo comeza cando alguén rouba un valioso manuscrito na biblioteca. Afortunadamente, hai restos biolóxicos do ladrón, e para descubir a súa identidade os rapaces terán que extraer ADN das mostras e comparalo cos sospeitosos. No taller resolverase o caso con material de cociña e os participantes aprenderán que é a biotecnoloxía. A actividade é de balde pero as prazas son limitadas, polo que deben inscribirse previamente na Biblioteca de Redondela, mo Multiúsos da Xunqueira. Tamén poden facelo no teléfono 986401561.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: