www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 22 de Setembro de 2019

Búscanse figurantes para a rodaxe de "María Solinha"
Cultura • 27/08/2019
Autor: Ana Prieto

Os que queiran sentirse actores ou actrices por un día, teñen agora en Redondela a súa oportunidade. O director Ignacio Vilar está a gravar parte do seu novo filme no muncipio e busca de figurantes. Para participar non se precisa experiencia nin inscrición previa, tan só ser maior de idade.


Os interesados deben achegarse o venres, 30 de agosto, á Praza de Reveriano Soutullo de 14.30 a 20.30 horas. Os figurantes participarán nunha recreación da Festa da Coca coa Danza das Espadas e as Penlas, que formará parte da película. Hai unha segunda cita o 13 de setembro, no Multiúsos da Xunqueira, en horario de 10.00 a 14.00 horas e pola tarde de 15.30 a 20.00 horas para gravar unha das escenas centrais da longametraxe, que narra a vida da canguesa María Solinha, acusada de bruxería no século XVII. Os interesados poden contactar co equipo técnico no teléfono 615411090 ou no enderezo electrónico xacabla@gmail.com.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: