www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 22 de Setembro de 2019

De Vacas: música, humor, talento e atrevemento na praza da Casa da Torre
Cultura • 22/08/2019
Autor: Ana Prieto

Paula Romero, Inés Salvado e Faia Díaz xunto ao guitarrista Guillermo Fernández son "De Vacas", o grupo galego que triunfa nos escenarios e nas redes coas súas transformacións de éxitos como "A modiño", "Rexurdimento", ou "De noite e de día". Mañá venres estarán en Redondela e prometen un concerto animado, divertido e fresco.


Non son un grupo de versións, xa que fan "unha transformación total dos temas", com explica Paula Romero, "Morena", desfanse do envoltorio comercial dos éxitos, modifican as letras e lévanas ao seu terreo. Fano con humor, frescura "e bastante morro", recoñece, e cada tema "inspíralles cousas diferentes". O "Malamente" de Rosalía convertiuse nun himno para o 8M, como unha homenaxe a Rosalía de Castro e ás mulleres co seu "Rexurdimente". En temas de "reggaeton" con letras onde as mulleres son "obxectos seuxuais", De Vacas dálle a volta para facer unha reivindicación feminista. Fan un pouco de todo, desde temas eurovisivos, ata éxitos das Spice Girls, Enrique Iglesias, Marta Sánchez ou Beyonce con pandeiretas. Pásano ben co que fan, cantan e rin, tanto nos ensaios como nos concertos, e iso nótase. No concerto, que será o espectáculo previo ao Entroido de Verán, animan ao público a levar adornos de flores na cabeza. A cita será mañá venres ás 22.00 horas na Praza da Casa da Torre dentro da programación cultural do Concello de Redondela.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: