www.radioredondela.com Hoxe é Venres, 18 de Outubro de 2019

Denunciado un veciño de Redondela acusado de maltratos a animais en Fornelos de Montes
Sucesos • 21/08/2019
Autor: Ana Prieto

A Garda Civil está a investigar un delito de maltratos a animais presuntamente cometido por un veciño de Redondela cometido en Fornelos de Montes. Segundo a denuncia, está acusado de disparar sobre unha gata doméstica cunha arma de caza e munición ilegal, nunha zona de vivendas.


O denunciado, J.C.C.M., veciño de Redondela, reside durante as vacacións e fins de semana nunha leira familiar en Fornelos de Montes, lugar onde se produciron os feitos. Tal e como recolle a denuncia, ao redor das 23.00 horas do pasado xoves, o denunciante, un veciño de Fornelos de Montes, atopou a súa mascota sangrando na porta da súa vivenda. Segundo o informe veterinario, a gata ingresou a primeira hora do venres en estado moi crítico, cunha ferida de bala na pata dianteira dereita e múltiples traumatismos causados pola metralla do proxectil. Por mor das feridas, a gata perdeu a mobilidade da pata. O proxectil empregado, un tipo de munición que fragmenta tras o impacto, provocou que parte da metralla penetrara no cranio do animal, polo aue perdeu un ollo.Os feitos foron postos en coñecemento da Garda Civil, que abriu dilixencias e solicitou testemuños entre os veciños. Algúns afirmaron estar presentes en varias ocasións nas que o denunciado disparaba sobre diferentes animais desde a súa casa, nunha zona residencial e rodeada de vivendas. O denunciante afirmoa que esta é a cuarta mascota á que dispara o denunciado, malia que nas anteriores ocasións non puido recuperar ao nin conseguira testemuñas. O denunciado xustificouse alegando que os animais entran na súa propiedade "polos coellos que el mesma cría en liberdade para adestrar aos seus cans". Con todo, nega os feitos e afirma que os captura "e logo abandónaos en Ponte Caldelas". Unha versión contraria aos testemuños recolleitos pola Garda Civil e que de confirmarse suporía a admisión doutro delito ao ser estes animais propiedade doutros veciños.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: