www.radioredondela.com Hoxe é Venres, 22 de Novembro de 2019

Cursos para todos os públicos en Cedeira
Sociedade • 20/08/2019
Autor: Ana Prieto

O Centro Cultural de Cedeira ten aberto o prazo de inscricións para os cursos que porá en marcha a partir do día 1 de setembro. Informática, Robótica, Panadaría, Canto Coral, Baile Moderno, Guitarra ou Lingua de Signos son algunhas das propostas.


O próximo curso 2019-20 chega cargado de actividades no Centro Cultural de Cedeira, cunha ampla oferta para todas as idades. Continúa nos cursos que tradicionalmente teñen boa acollida, como Canto Coral, Guitarra, Baile Moderno, Aerobic e Mantemento Físico, Informática ou Lingua de Signos, pero tamén outros novos. É o caso do curso de Panadaría, no que colabora a Deputación de Pontevedra, e no que agardan tamén moita participación. O presidente do Centro Cultural, Vicente Lamas, explica que nos cursos de cociña que se teñen impartido ata o de agora hai moita demanda, e tamén un importante número de homes entre o alumnado. Outra das novidades é o curso de Ribótica, dirixido a nenos e mozos. Nesta caso trátase "de cubrir unha demanda das familias", explica Lamas, que solicitaron un curso destas características. O prezo das actividades vai desde os 5 euros mensuais que custa o Baile Moderno, ata os 15 euros, que é o prezo de Lingua de Signos e Robótica. Todos os cursos serán distribuídos en horarios de tarde, de luns a sábados, e teñen prazas limitadas. Para máiis información poden dirixirse á conserxería do centro, ou chamar ao teléfono 986403975.


Excursión a Maceda


Por outra banda o Centro organiza unha excursión aos Milagres de Maceda, la localidade ourensá de Baños de Molgas. Será o domingo, día 8 de setembro,con saída do Centro Cultural ás 8.00 horas. O prezo por persoa é de 33 euros, onde se inclúe a viaxe en autobús, xantar e seguro. As prazas son limitadas.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: