www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 12 de Decembro de 2019

Soutomaior inicia a limpeza total das súas franxas de protección contra incendios
Institucional • 16/08/2019
Autor: Ana Prieto

En total limparanse máis de 300 hectáreas. Será o único concello de Galicia no que se actuará no perímetro completo de todos os centros de poboación, o que garante a seguridade de todos os veciños e as súas vivendas ante posibles incendios.


"Soutomaior está mellor preparado ca nunca contra os incendios", con esta grase resumía o tenente alcalde, Ramón Fernández, as tarefas de limpeza que se están levando a cabo na contorna de todos os centros de poboación do municipio. Os traballos, xestionados pola Xunta de Galicia a través do convenio de xestión de Biomasa, chegarán ás máis de 300 hectáreas que compoñen as franxas de protección contra incendios xa establecidas no plan contraincendios municipal. O conselleiro de Medio Rural, José González, acompañado do tenente alcalde e o director xeral de Defensa do Monte, Tomás Fernández-Couto, visitou as tarefas de limpeza no barrio de Moreira, na parroquia de Soutomaior, unha das zonas prioritarias do plan da Xunta de Galicia polo seu tráxico historial de incendios. Durante a visita, o conselleiro realizou un balance positivo do convenio de protección asegurando que son case 220 concellos os que xa se adheriron ao plan e case un centenar de plans de prevención e extinción de incendios os xa entregados aos concellos. Pola súa banda, o tenente alcalde, destacou que o Concello de Soutomaior xa conta con máis de 70 parcelas adheridas ao convenio e que será "o único concello de Galicia no que a Xunta limpe ao completo as franxas de protección de todos os núcleos de poboación, o que garante a seguridade de todas os veciños e as súas vivendas ante posibles incendios". O edil agradeceu á Xunta que ofreza aos veciños de Soutomaior a posibilidade de manter as súas propiedades protexidas "a un prezo tan competitivo", xa que o importe que terán que afrontar os veciños pola limpeza das súas leiras ascende a 35 euros por cada mil metros cadrados.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: