www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 24 de Setembro de 2019

O BNG de Pazos denuncia o mal estado dos colectores de lixo e o "nefasto" servizo de recollida
Política • 14/08/2019
Autor: Ana Prieto

Afirman que desde 2016, cando o goberno local privatizou o servizo, a recollida de lixo e o mantementos dos colectores empeorou notablemente.


O servizo do lixo está xestionado desde 2016 pola empresa Urbaser, e os nacionalistas denuncian que deste entón a recollida do lixo "viuse deteriorando de tal maneira que neste ano 2019 o servizo está sendo totalmente nefasto", xa que en todas as parroquias  do  concello  se atopan "colectores de lixo rotos, en mal estado e principalmente cunha falta de limpeza total". O Responsábel Local, Xurxo Pardo Besadío, denuncia a total  "deixadez" do goberno municipal "ao non supervisar a xestión que esta a levar a cabo Urbaser e non preocuparse dos problemas reais dos veciños. Asegura que son  moitas  as  familias "que están tendo problemas coa limpeza dos contedores, principalmente nestes meses de verán onde as altas  temperaturas propician malos cheiros". A situación agrávase co mal estado dos colectores "en moitos casos rotos ou sen tapas ".

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: