www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 19 de Setembro de 2019

A Festa do Mexillón arranca en Chapela cun concurso gastronómico
Sociedade • 7/08/2019
Autor: Ana Prieto

Os amantes deste bibalvo teñen unha cita esta fin de semana en Chapela, con degustación de mexillóns e tamén doutros produtos da cociña galega. Ademais haberá actuacións musicais e atraccións de feira pata os máis pequenos. A festa celebrarase no paseo marítimo de Cardona.


O Círculo Cultural Recreativo de Chapela organiza un ano máis a Festa do Mexillón, que nesta edición comeza o venres, día 9, co concurso de pratos de mexillón. Os interesados en participar deben inscribirse previamente na cafetería da asociación ou na web www.chapela.org, o prazo remata o xoves ás 22.00 horas. O prato elaborado debe ter como ingrediente principal o mexillón, e o xurado valorará a presentación, o sabor e a orixinalidade da receita. Haberá premios para os tres mellores, dotados con 100, 75 e 50 euros. O presidente do C.C.R., Emilio Sánchez, agarda que nesta segunda edición o concurso conte con máis participantes. A xornada estará amenizada tamén polo grupo de percusión Abmiram Quartet. Os vigueses, que misturan boa música e humor, actuarán a partires das 22.00 horas. Na fin de semana haberá actividades desde as 12.00 horas tanto o sábado como o domingo. O sábado actuará o dúo Pirámide a partir das 21.00 horas, e o domingo ás 13.00 actuará o grupo musical Cambio de Pola. Na carpa instalada no paseo marítimo tamén se poderán desgustar outros produtos, como polbo á feira ou chourizos asados. Como novidade, nesta edición tamén haberá atraccións de feira para os máis pequenos.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: