www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 20 de Outubro de 2019

"Máis Kaiak" na praia e no río dentro da programación de verán do Concello de Soutomaior
Sociedade • 6/08/2019
Autor: Ana Prieto

O Concello de Soutomaior pon en marcha este mes de agosto o programa "Máis Kaiak", co que se porá a disposición de todos os veciños e visiantes un servizo de aluguer de kaiak de mar na praia de Arcade e tamén na praia fluvial de Comboa,no río Verdugo.


Esta actividade, que conta coa colaboración do Club Náutico Arcade, farase en horario de 12.00 a 14.00 horas polas mañáns e de 16.30 a 19.30 horas polas tardes. Ata o próximo 18 de agosto poden alugarse os kaiaks na praia de Arcade. A semana do 19 ao 25 de agosto a actividade desprázase á praia fluvial de Comboa, para regresar na última semana do mes á praia de Arcade (do 26 de agosto ao 1 de setembro). O prezo, por media hora de aluguer, é de tan só 1 euro para os empadroados en Soutomaior e 2 euros para os que non o estean. Desde a organización advirten que no caso dos nenos menores de idade, deben de estar acompañados por un adulto responsable, malia que estarán dispoñibles monitores que poderán acampañalos.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: