www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 19 de Agosto de 2019

O C.D. Choco imponse ao Coruxo
Deporte • 5/08/2019
Autor: Ana Prieto

Os de redondela conseguiron o que ningún equipo fora quen nesta pretemporada, vencer aos do Vao, malia que os vigueses comezaron adiantándose no marcador. O C.D. Choco impúxose finalmente por 2-1 nun partido no que os dous combinados deron mostras do cansazo que acumulan nesta intensa pretemporada. E os de "Gonza" mediranse ao Celta B dos irmáns Montes o próximo domingo, día 11.


Choco 2-1 Coruxo


A calidade do Coruxo impúxose nos primeiros minutos de xogo, pero sen perigo entre os tres paus. As liñas defensivas dos dous equipos foron as protagonistas no comezo do encontro. Rondando a media hora de partido chegou o primeiro gol, obra de Mateo. Os locais tentaron a igulada, pero chegouse ao descanso co 0-1 no marcador. Na segunda metade o partido foi diferente, cos cambios que os dous técnicos introduciron no campo, con máis xogo no centro do campo. No minuto 66, un balón á área do Coruxo rematouno de cabeza Félix Rial, e igualaba o marcador. O Choco tiña cada vez máis protagonismo, e case ao final do partido Rial volveu anticiparse á defensa do Coruxo e acadaba a vitoria para os redondeláns. O domingo o Choco xoga contra o Celta B dos irmáns Jacobo e Marcos Montes.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: