www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 12 de Decembro de 2019

Educación e concello comprométense a axilizar a ampliación das instalacións do IES Pedro Floriani
Institucional • 1/08/2019
Autor: M. X. Queimaliños

Digna Rivas e máis a concelleira de Educación, Olga García Ballesteros reuníronse esta semana co xefe territorial de Educación, César Perez Ares, a quen lle trasladaron as demandas de Redondela en materia de Ensino. En concreto, César Perez Ares interesouse polo situación dos permisos municipais que permitan á Consellería de Educación ampliar a instalacións do IES Pedro Floriani e dotalo dun módulo máis.


A Consellería tiña solicitado información urbanistica no mes de abril sobre a posibilidade da ampliación, unha autorización da que aínda están pendentes, motivo polo que a alcaldesa comprometeuse a "adoptar todas as medidas precisas para axilizar o expediente xa que a ampliación do Pedro Floriani redunda en beneficio de todos os veciños e veciñas".


Doutra banda, a rexedora local aproveitou o encontro para poñer sobre a mesa as necesidades que teñen os centros escolares do municipio competencia da Xunta de Galicia e elaborar un plan de actuación para dar solución ás carencias que, en distintas áreas, poidan ter.


Alcaldesa e xefe territorial de Educación emprazáronse para unha nova reunión que tería lugar, previsiblemente, a finais de setembro ou comezos de outubro, xuntanza na que xa se tratarían temas específicos, achegaríanse propostas e estableceríase un calendario de actuacións.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: