www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 12 de Decembro de 2019

Paula Fernández: "Os voluntarios son imprescindibles para a Cruz Vermella"
Sociedade • 30/07/2019
Autor: M. X. Queimaliños

Unha ludovermella orientada aos máis cativos, os paseos saudables que buscan dinamizar ás persoas de maior idade ou os cursos de estimulación cognitiva, son algunhas das propostas que a Cruz Vermella está a organizar dende que botara andar meses atrás a súa delegación en Redondela. Con todo precisan dun maior número de voluntarios para incrementar a súa oferta, motivo polo que a súa responsable, Paula Fernández, anima a todos os que o desexen a achegarse á oficina da que dispoñen nos baixos da Casa da Cultura "calquera perfil pode adaptarse ás nosas necesidades".


Dende que arrancara o mes teñen en marcha dúas actividades que se van manter no mes de agosto: unha ludovermella que está orientada a nenos e nenas de 6 a 13 anos de idade en horario de 10:30 a 13:00 horas os martes e xoves, e os paseos saudables, que convidan aos maiores de 65 anos a xuntarse e pasear nas mañás do mércores. Unhas actividades de balde na que se poden inscribir os que o desexen na oficina da Cruz Vermella na Casa da Cultura.


Unhas actividades para as que son indispensables a colaboración dos voluntarios "non é preciso ningún requisito, tan só gañas de colaborar e animarse a realizar unha labor moi gratificante".


Unha satisfacción persoal que amosan dúas das persoas que actualmente colaboran coa organización en Redondela, Noemi e Alba Pérez. Aseguran que é "moi satisfactorio traballar tanto cos máis pequenos impartindo clases de reforzo persoal durante o curso ou xestionando a ludovermella neste meses de verán como impartindo charlas nos institutos", motivo polo que animan a todos aquel que dispoña dun chisquiño de tempo a sumarse a este traballo solidario.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: