www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 19 de Agosto de 2019

Música folk para animar a fin de semana
Cultura • 26/07/2019
Autor: M. X. Queimaliños

Matices diversos nunha programación cultural marcada pola música folk que vai dende os ritmos máis reivindicativos de Habelas Hainas ata as propostas máis tradicionais que engloba o Festival Folk de Reboreda , pasando pola música dos Saljariteiros e do grupos de baile tradicional que pasarán polo escenario da praza da Casa da Torre.


A programación cultural que nos deixa o Concello de Redondela arranca hoxe ás 22:00 horas coa actuación de Habelas Hainas, catro mulleres reivindicativas con moita experiencia nas actuacións en directo e que veñen de actuar no festival folk Illa de San Simón que hai tan só uns días se celebraba na praia de Cesantes.


O sábado a cita é no torreiro de destas de Reboreda con actuación de tres grupos que forman o cartel do Festival Folk que nos deixa esta parroquias: o rancho folklórico de Coimbra, grupo Danzas y costumbres de Miguel Esteban de Toledo e o Grupo o Carballo das Cen Polas de Reboreda. Unha música que comezará a soar a partir das 22:00.


A mesma hora e no mesmo día temos outras actuación na Alameda Rosalía de Castro en Chapela: Os Saljariteiros.


Pechará a fin de semana o baile tradicional con actuación do grupo do Carballo das Cen Pólas e o grupo Nosa Terra de Pereiras-Mos que se subirán ao escenario da praza da Casa da Torre o domingo ás 21:30 horas.


Todas as actividades son de balde.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: