www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 19 de Agosto de 2019

As mulleres aprenden defensa persoal
Institucional • 23/07/2019
Autor: M. X. Queimaliños

Dende inicio de mes o Multiúsos de Chapela e máis o centro sociocomunitario de Redondela acollen un taller de defensa persoal que achega ás participantes as pautas básicas de cara a como reaccionar ante unha eventual agresión. Unha actividades dirixida prioritariamente a mulleres pero á que se sumaron tamén homes interesados en coñecer esta técnica. A actividade continuará no mes de agosto en Redondela e xa de cara a outubro podería converterse nunha proposta permanente tamén durante todo o ano.


Uns talleres intensivos que aprenden as participantes exercicios sinxelos e doados de aplicar ante unha eventual agresión e que arrancaron coa idea de que se inscribiran exclusivamente mulleres. Con todo, a demanda fixo cambiar de idea "eran moitas as mulleres que chegaban acompañadas dos seus fillos que tamén estaban interesados en coñecer esta técnica" explica o monitor do curso Fran Tilve, polo que decidiron abrir a proposta a todos os públicos.


Unha iniciativa que propón facer deporte, non deixar o exercicio físico neste tempo de verán e proporcionar aos participantes unha maior seguridade ao contar cun mínimo adestramento de cómo reacción ante unha agresión.


Con todo, explica Tilve que é unha aprendizaxe constante que non se pode reducir a dous meses, polo que confían en poñer en marcha a actividade novamente a partir de outubro xa de xeito permanente.


Polo de agora, as persoas interesadas aínda están a tempo de inscribirse no curso de agosto. Máis información no teléfono  659 757963 ou no centro sociocomunitario.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: