www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 20 de Outubro de 2019

Contacontos infantil na Biblioteca de Chapela
Cultura • 23/07/2019
Autor: M. X. Queimaliños

A Biblioteca Xela Arias de Chapela acolle o luns 29 ás 11:30 horas un bebecontos a cargo de Trémola Teatro. Unha actividade que leva por nome "Qué animaliño é?" e que busca espertar o gusto pola palabra e polos libros entre os máis pequenos. Unha activiade debalde na que compre inscrición previa.


Orientado a nenos e nenas de entre 6 meses e catro anos, a actividade é totalmente de balde e con capacidade limitada, polo que é preciso realizar inscrición gratuíta previa na propia biblioteca en horario de mañá (de luns a venres, de 9:00 h a 14:00 h), por teléfono no 986 454 226 ou no enderezo de correo electrónico bibliotecachapela@redondela.gal"


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: