www.radioredondela.com Hoxe é Venres, 18 de Outubro de 2019

Ducias de bañistas colaboran nunha xornada de limpeza na praia de Penedos en Chapela
Institucional • 22/07/2019
Autor: M. X. Queimaliños

A xornada, organizada pola asociación Alborada de Vigo, contou coa participación tanto da concellería de Medio Ambiente como da de Vías e Obras. Retiráronse especialmente restos de vidros, así como varios quilos de entullo.


A Asociación Alborada de Vigo organizou unha xornada de voluntariado e sensibilización na praia de Penedos de Chapela. Este areal foi seleccionado por responsables de Alborada ao detectar nesa praia presenza de diferentes residuos coma podan ser restos de vidros e mesmo entullos de orixe descoñecida, dos que se recolleron varios quilos.


Para levar a cabo esta xornada, as persoas responsables de Alborada desprazaron ao lugar un destacamento formado por dous monitores e dez voluntarios, aos que se sumaron empregados do Concello de Redondela tanto do departamento de Medio Ambiente como do de Vías e Obras, encargados estes últimos de recoller o lixo, particularmente o entullo, debido ao tratamento especial que necesita a recollida deste tipo de refugallos.


A sorpresa positiva da xornada foi a colaboración espontánea que prestou boa parte das persoas que se atopaban na praia a esa hora da mañá.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: