www.radioredondela.com Hoxe é Venres, 13 de Decembro de 2019

Unha experiencia de película na Illa de San Simón
Sociedade • 16/07/2019
Autor: M. X. Queimaliños

O cine centra as actividades do encontro da mocidade en San Simón que organiza a Concellería de Xuventude de Soutomaior. Unha actividade orientada a mozos e mozas de entre 12 e 17 anos de idades que se vai desenvolver do 19 ao 22 de agosto e que leva por nome "Historias na Illa". Durante catro días e tres noites os participantes farán vida neste espazo e poderán gozar de diferentes actividades vinculadas co cine. O prezo é de 54 euros os empadroados, 145 euros os que non o estean. A inscrición está aberta ata o mércores 17 de xullo na páxina web do Concello. 


En total, o concello de Soutomaior oferta 54 prazas abertas tamén a mozos non residentes na localidade, malia que terán que abonar unha cantidade moi superior pola actividade. Nesta ocasión a temática elixida para este campamento que se desenvolverá na Illa de San Simón estará baseada no cinema cunha particular visión en torno ao Cinema 3.0.


As persoas participantes atoparanse durante a súa estancia cun prató de cinema xa que a cinefilia, impregnará todas as actividades e terá presente a historia da Illa poñendo en valor o seu patrimonio material e inmaterial. Entre as propostas que inclúe o programa hai un concurso de interpretación de películas, obradoiros de caracterización, gravación de curtas e xogos como unha Xincana de Cinema, Keysroom scape, o Cinema Trivial ou o Cluedo.


A inscrición débese facer en liña a través da páxina web do concello e está aberta dende o pasado 20 de xuño ata este mércores 17 de xullo.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: