www.radioredondela.com Hoxe é Venres, 23 de Agosto de 2019

600 atletas de todas as idades tomarán a saída na XII Carreira Popular de Redondela
Deporte • 12/07/2019
Autor: M. X. Queimaliños

Unha carreira nocturna que logra nesta edición atraer a un maior número de mulleres respecto de anos anteriores, superándose en máis de cen as participantes na proba absoluta na que hai inscritas 312 persoas. Mañá sábado serán exactamente 596 as persoas que participarán nas diferentes probas que arrancarán ás 20:30 horas cos máis cativos e rematará co circuíto de 5 quilómetros que deberán superar os maiores de 16 anos a partir das dez da noite.


Unha vez pechado o prazo de inscrición a organización roza os 600 participantes, sendo 312 os que se inscribiron na categoría absoluta. As carreiras comezarán ás 20:30 horas , cos alevíns, e a categoría absoluta sairá ás 22:00 horas desde a Casa do Concello cun percorrido de 5 quilómetros que os levará ata a Portela.


A presidenta do club de atletismo CAR organizador da proba, Noite Fernández, salienta a presenza de mulleres na proba absoluta "que roldarán o 40% no numero de inscritos".


A proba ten tamén un carácter solidario, xa que parte da recadación doarase á Asociación Lenda Saúde Mental.


Para que a cita sexa moito máis que unha proba deportiva haberá actividades de animación con dous inchables para os cativos e animación musical para amenizar a tarde noite.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: