www.radioredondela.com Hoxe é Sábado, 19 de Outubro de 2019

Silvia Penide, Coanhadeira e Iria Estevez nunha fin de semana cargada de música
Cultura • 12/07/2019
Autor: M. X. Queimaliños

As voces femininas serán as protagonistas nunha programación cultural onde a música é a estrela indiscutible, Estilos diferentes que pasan polo pop acústico, o folk e o fado e que nos convidan a gozar da música ao aire libre na praza da Casa da Torre e na Alameda Rosalía de Castro de Chapela.


A voz de Silvia Penide será a primeira en escoitarse nun concerto que terá lugar hoxe venres ás 22:00 horas na praza da Casa Torre enmarcada no programa cultural do Concello. Presentará o seu sétimo disco de estudio que leva por título El efecto Boomerag, pop acústico para arrancar unha fin de semana cargada de actividades musicais.


O sábado a quenda será para o grupo Coanhadeira, música folk galega chegada dende Ourense coa voz de Patricia López e os instrumentos de Jesús Pérez "Chechu" nas gaitas e zanfona, Marcos Pérez na batería e percusión, Alberto Sánchez no acordeón e Oscar Freire no saxo. Presentan o seu espectáculo Bicos con luvas nun concerto que terá tamén lugar na praza da Casa da Torre ás dez da noite.


E pecha a semana a música de Iria Estévez en Chapela. Co seu Clave de fado a cantante, xunto a Paco Dicenta, Isaac Garabatos e Gonzo Piña, dan vida a un espectáculo que presenta melodía e poemas que beben do fado e que achegan un directo emocionante, dinámico e sorprendente. A actuación será na alameda Rosalía de Castro de Chapela o domingo ás 22:00 horas.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: