www.radioredondela.com Hoxe é Venres, 23 de Agosto de 2019

O Redondela FS reforza o seu cadro de xogadores con catro novas incorporacións
Deporte • 10/07/2019
Autor: M. X. Queimaliños

Chegan as primeiras fichaxes para o equipo senior desta temporada coa incorporación de Alex Pazos, Anxo Viana, Mario e o porteiro Rodri . Novidades nun club que está inmerso na celebración do Mundialito da Xunqueira que estes días congrega a ducias de afeccionados cons partidos diarios a partir das 20:30 horas.


O equipo Redondela F.S. vén de dar a coñecer ao que serán as novas incorporación de cara a vindeira tempada. Na portería refórzase coa chegada de Rodri, porteiro do xuvenil que segundo explican atesoura unha gran seguridade e tranquilidade no xogo e que confían sexa o gardameta do equipo senior por moitos anos.


Tamén do xuvenil proceden o que fora o seu capitán, Alex Pazos "con gran despregue físico, potencia e capacidade goleadora", Anxo Viana, ala zurdo con gran progresión no equipo xuvenil e Mario, sorpresa da pasada tempada que se converteu no máximo goleador da liga galega xuvenil.


Un Club que nestes días celebra a XLV edición do tradicional Mundialito da Xunqueira cun total de 25 equipos, 8 na categoría de cadetes e 17 correspondentes á competición senior. Un campionato referente no deporte de verán que nos deixa partidos todos os días na Pista da Xunqueira dende as 20:30 hora ata as 23:00 horas. Partidos que arrancaban o pasado luns e que continuarán ata o sábado 27 cando teña lugar xa a clausura do campionato.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: