www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 15 de Decembro de 2019

Charla no Viso sobre os Muíños de Redondela
Cultura • 10/07/2019
Autor: M. X. Queimaliños

A Antiga Escola de Tuimil no Viso acolle hoxe mércores ás 20:00 horas unha charla sobre a recuperación e posta en valor dos muíños de Redondela baixo o título "Muíños e regatos: paraísos baixo o lixo". Unha actividade organizada pola Sociedade Cultural da parroquia e que contará coa intervención do avogado e especialista en temas de sensiblización ambiental Álvaro Diego Fuentes, quen achegará información acerca do valor etnográfico na formación da cultura galega dos muíños que abundan en tantos ríos e regatos do noso país.


Na charla coloquio falarase tamén da necesidade da protección deste patrimonio etnográfico e dos regatos poñendo exemplo de recuperación realizados noutros concellos así como afondando no caso do Proxecto Pugariño, río da parroquia de Chapela que grazas á colaboración de voluntario están tentando poñer en valor este ben común.


Un patrimonio cultural, etnográfico e paisaxístico que se ve seriamente afectado pola mala situación dalgúns dos muíños "en perigo de derrube" e, sobre todo, polo comportamento incívico daqueles que non dubidan en depositar o lixo no lugar.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: