www.radioredondela.com Hoxe é Venres, 23 de Agosto de 2019

Elas toman a cancha
Deporte • 9/07/2019
Autor: M. X. Queimaliños

O baloncesto feminino ven de facer historia logo de que as xogadoras da selección española se proclamaran campioas de Europa esta mesma fin de semana. Un deporte que colle pulo tamén en Redondela onde o número de mulleres federadas no Club de baloncesto local igual ou incluso supera ao número de homes. Estes días tanto elas como eles están a perfeccionar o seu xogo nas xornadas de tecnificación que ata finais de mes se desenvolven no pavillón da Marisma.


Son un total de 140 o número de licencias coas que conta a día de hoxe o Club de baloncesto de Redondela, das cales aproximadamente a metade corresponde a mozas e nenas que se decidiron a practicar este deporte. Máis aló da relevancia que o baloncesto feminino ten adquirido nos últimos tempo grazas a éxitos como os que estes días están a celebrar as xogadoras da selección española tras proclamarse campioas de Europa, explica Javier López, do Club de Redondela, que detrás hai un traballo intenso por parte dos adestradores que favorece que cada vez sexan máis as nenas que se sumen a practicar este deporte.


Un club que precisamente estes días está a impartir unhas xornadas de tecnificación no pavillón da Marisma que se prolongarán ata o vindeiro 27 de xullo. En total tres semanas ás que os interesados se poden anotar de xeito independente e que está orientadas a xogadores a partir dos nove anos e que buscan que os amantes do baloncesto aproveiten o tempo de verán para perfeccionar a súa técnica, movementos e habilidades motrices.


As persoas interesadas poden inscribirse no 722617212 ou informarse directamente no propio pavillón en horario de mañá.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: