www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 22 de Agosto de 2019

Deporte, obradoiros e música na celebración da II Kitefest de Cesantes
Deporte • 5/07/2019
Autor: M. X. Queimaliños

80 kitesurfistas competirán esta fin de semana na proba de regata e big jump que organiza a asociación TMKiteclub e o Concello de Redondela. Unha festa que busca promocionar este deporte e que presenta un completo programa de lecer e actividades completametne de balde que inclúen paddel Surf, Kaiak, bautismos de kite para nenos, un taller de cometas ou clases de crossfit. A música, cun concerto na tarde do sábado a partir das 18:00 horas, correrá a cargo dos grupos Agoraphobia e The Broke e unha sesión Sinsal Sound System grazas á colaboración co Festival Sinsal.


A II edición do KiteFest de Cesantes reunirá esta fin de semana a 80 deportistas que amosarán a súa destreza sobre a táboa en dúas probas exhibición que se celebrarán ao redor das dúas do mediodía tanto o sábado como o domingo.Con todo, as actividades programadas van máis aló e contarán con propostas musicais e actividades en paralelo que buscan atraer a un numeroso público á praia da Punta. Un espazo que segundo salientaron os organizadores "presenta as condicións ideais para este tipo de modalidade deportiva".


Neste sentido o Secretario Xeral para o Deporte da Xunta da Galicia, José Ramón Lete destacou que a enseada de San Simón é  un lugar idílico para a práctica do Kitesurf "Temos as mellores condicións para facer deste deporte como é o da vela, un deporte estratéxico para Galicia" motivo polo que comprometeu o seu apoio a eventos destas características.


No mesmo sentido se manifestou a alcaldesa, Digna Rivas, que anunciaba un maior apoio aos deportes náuticos co obxecto de atraer tamén aos máis pequenos "queremos que Redondela sexa un referente no kitesurf e fomentalo aínda máis con todas as institucións para que o KiteFest siga crecendo".


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: