www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 22 de Setembro de 2019

Concentración en apoio do veciño de Redondela expedientado polo exército por asinar un manifesto antifranquista
Política • 5/07/2019
Autor: M. X. Queimaliños

O Colectivo Republicano de Redondela convoca hoxe venres ás 20:00 horas unha concentración  na praza do Concello en solidariedade co cabo do Exército Marco Antonio Santos Soto, quen fora expedientado por asinar un manifesto antifranquista en reacción a unha carta previa asinada por 160 militares que escribiran un documento en defensa de Franco.


Cabo do exército pero tamén activo militante republicano, Marco Antonio Santos, máis coñecido en Redondela como Markos Lareira, atópase actualmente na súa casa tras ser suspendido polo Exército. A sanción débese as súas declaracións nos seus perfís nas redes sociais que o exército investigou a raíz de que a súa sinatura aparecese nun manifesto antifranquista.


O Exército decidiu finalmente suspender de funcións a Marco Antonio Santos, o primeiro militante en activo que asinou un manifesto antifranquista en reacción a unha carta asinada previamente por 160 militares que, nada máis pasar a reserva, escribiron un  texto en defensa do ditador Franco.


Con todo, ese foi tan só o inicio dun proceso que levou a este veciño de Redondela a ser suspendido de funcións. Os motivos: a entrevista que concedeu ao xornal dixital Eldiario.es e as declaración de carácter político que ten vertido a través dos seus perfís nas redes sociais nas que manifesta comentarios pouco respetuosos cara a Coroa ou cara algunhas formacións políticas.


Actualmente ten un expediente aberto por parte do exército que ao seu entender acabará coa súa suspensión definitiva do corpo.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: