www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 14 de Novembro de 2019

Chapela exalta a navalla na primeira fin de semana de xullo
Sociedade • 3/07/2019
Autor: M. X. Queimaliños

O paseo marítimo de Chapela acolle este domingo a celebración da Festa da Navalla, que na súa cuarta edición é xa unha cita obrigada para os amantes do marisco en xeral e deste bivalvo  en particular. Á prancha, á mariñeira ou en empanada de millo ou trigo poderemos degustar a navalla a partir das 12.00 horas e até que despachen os 500 quilos que está previsto preparar. Unha cita festiva organizada polo Círculo Cultural de Chapela que arrancará xa o sábado co IX Festival de Corais de habaneiras e música mariñeira que contará coa participación de tres agrupacións.



Música e gastronomía son as propostas que esta fin de semana nos deixa o Círculo Cultural e Recreativo de Chapela coa celebración do IX festival de habaneiras e música mariñeiras o sábado e a IV edición da festa da navalla o domingo. Dúas atractivas citas que congregarán a centos de veciños e visitantes no paseo marítimo de Chapela.


Ás 20:00 horas do sábado subiranse ao escenario a Coral Polifónica de Arbo, o orfeón de San Pedro da Cova de Portugal e a coral anfitrioa, a polifónica Frol Nova.


O domingo xa dende as doce do mediodía poderanse degustar os diferentes pratos elaborados a base de navallas. Non faltará a música coa agrupación de pandereteiras “Arelas” , o Grupo de Gaitas do Viso e as agrupacións de acordeóns de Cidadelle e do propio centro. Música tradicional galega que será a encargada de pórlle son a esta cita gastronómica na que está previsto servir 500 kilos de navallas que se poderán degustar en empanada de millo e trigo, á prancha e á mariñeira.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: