www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 22 de Setembro de 2019

Concerto de A Roda e Najla Shami en Pazos de Borbén
Cultura • 3/07/2019
Autor: M. X. Queimaliños

"A Roda da igualdade: ela e eles" é o nome desta iniciativa que busca promover a igualdade a través da música e que está enmarcada no programa "Nós contra a violencia" que organiza a Secretaría Xeral de igualdade. O concerto terá lugar este domingo 7 ás 23:00 horas na parroquia de Moscoso, en Pazos de borbén.


O coñecido grupo A Roda únese a Najla Shami nun concerto que revisa a canción popular galega para amosarnos que as letras dos temas tradicionais galegos non teñen por que ser sexistas. Ao contrario, deben dar exemplo e mostrar que estamos ante un novo imaxinario e un novo discurso: o da igualdade.


Actividade de sensibilización da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia que se desenvolve no marco do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: