www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 14 de Novembro de 2019

O C.C.D. Cesantes pon en marcha a Escola de Remo de Verán
Deporte • 2/07/2019
Autor: M. X. Queimaliños

Está dirixida a rapaces e rapazas a partires dos 8 anos de idade, e tamén poden participar adultos. A actividade comeza o venres 5 de xullo e rematará o 30 de agosto. As clases serán os luns, mércores e venres, en horario de 10.00 a 12.00, e o prezo é de 15 euros ao mes.


O presidente da entidade, Jorge Rodríguez, agarda repetir o éxito da pasada edición, na que a escola de verán contou con ducias de participantes. Moitos deles integráronse no club, ampliando así as categorías base do club de remo.


Máis información e inscricións no teléfono 666 530 295 ou no enderazo electrónico ccdcesantes@gmail.com


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: