www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 19 de Agosto de 2019

Amplíase o prazo para se inscribir nos campamentos urbanos de agosto
Sociedade • 1/07/2019
Autor: M. X. Queimaliños

A Concellería de Xuventude organiza entre o día 5 e 31 de agosto de luns a venres, un campamento urbano orientado a neno e nenas de entre 4 e 12 anos de idade. Co obxecto de facilitar que as persoas interesadas poidan inscribir aos seus fillos e fillas, o prazo para formalizar dita inscrición amplíase unha semana máis, e practicamente ata mediados de mes poderá realizarse o trámite. Ofértanse un total de 30 prazas por semana.


O campamento urbano, que desenvolverá as súas actividades nas inmediacións do palco da música da Alameda de Redondela entre as 9 h e 14 horas, está dirixido aos nenos e nenas con idades comprendidas entre 4 e 12 anos.


Os campamentos urbanos desenvolveranse do 5 de agosto ao 9 de agosto, do 12 de agosto ao 16 de agosto (excepto o 15 festivo), do 19 de agosto ao 23 de agosto e do 26 de agosto ao 30 de agosto e ofertarán 30 prazas por quenda outorgándose por rigorosa orde de entrada das solicitudes no Rexistro do Concello.


Os interesados e interesadas poden descargar o formulario de inscrición dende a web do Concello de Redondela -www.redondela.gal- onde tamén poderán consultar as normas polas que se rexerá esta actividade.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: