www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 20 de Outubro de 2019

Clases gratuítas de ximnasia acuática en Soutomaior
Sociedade • 1/07/2019
Autor: M. X. Queimaliños

A actividade levará a cabo os mércores na praia do Peirao durante todo o mes de xullo. A participación é totalmente gratuíta e todas as sesións estarán dirixidas por persoal especializado.As clases terán lugar todos os mércores do mes a partir das 18:00 horas e non compre inscrición previa.


O Concello de Soutomaior arranca esta semana o seu programa de ximnasia acuática para o mes de xullo. No caso de que algún dos días en que levará a cabo a actividade haxa mal tempo ou a marea estea demasiado baixa, a clase realizarase na area da praia. Para participar non é necesario ningún tipo de equipamento e a única recomendación é a de levar calzado acuático, as coñecidas "fanequeiras".


O aquagym é unha modalidade de fitness acuático que inclúe numerosos exercicios para a tonificación muscular de maneira divertida e saudable. A actividade está dirixida a veciños de todas as idades xa que a súa práctica, ao realizarse dentro da auga da praia, ten un risco de lesións moi baixo.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: