www.radioredondela.com Hoxe é Venres, 18 de Outubro de 2019

Arranca o Sonoaire co ritmo de Aretha Franklin Tribute, BlackStereo e Broken Peach
Cultura • 28/06/2019
Autor: M. X. Queimaliños

A xornada de sábado inclúe as actuacións de La Patrulla, Spanish Castle Magic, Crónicas Pop e Moon Cresta. En total sete grupos cos máis diversos estilos musicais que animarán as prazas de Redondela neste venres 28 e mañá sábado 29. "Música de proximidade que se adapta ás características dunha vila que gusta de facer vida na rúa" en palabras de David Estévez, un dos organizadores. A alcaldesa Digna Rivas aposta pola continuidade dun evento que naceu co goberno anterior e que debe ser "unha mostra máis da igualdade que queremos imprimir a todas as áreas de goberno".


Na presentación do Sonoaire, David Estévez subliñaba o feito da idoneidade de Redondela para o desenvolvemento de festivais deste tipo "dado que conta con numerosas prazas peonalizadas, moi preto unhas de outras, moita vida nas rúas e que ofrecen o escenario ideal para este tipo de festivais".


Aspecto no que incidían tamén dende un dos grupos que se subirá hoxe ao escenario, os Borken Peach "encántanos estar neste tipo de concertos onde a proximidade co público é fundamental".


Pola súa banda, a alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, salientou a importancia de actividades deste tipo que son "un elemento de atracción para que, persoas de todos os lugares, se acheguen a Redondela e teñan a oportunidade de gozar tanto da vida nas súas rúas e prazas, coma da música dos estilos máis variados" e expresou a súa intención de potenciar ao festival en vindeiras edicións. Neste sentido aposta por unha maior presenza feminina no cartel "a igualdade debe ser transversal en todas as áreas e tamén na Cultura".


 


SONOAIRE 2019


VENRES 28 DE XUÑO


Aretha Franlkin Tribute. Vigo | Praza de Santiago 20 h - 21 h


Aretha Franklin Tribute Band é unha homenaxe á gran cantante e pianista, considerada a raíña do Soul.


 


BlakStereo. Vigo/Nigrán | Praza de José Figueroa. 21:30 h - 22:30 h


BLACKSTEREO nace da unión de cinco músicos consagrados coa firme decisión de render tributo á nai de todas as músicas: a MÚSICA NEGRA: o Soul, o Rhythm&Blues, o Disco e o Funk.


 


Broken Peach. Vigo / Praza da Constitución. 23:00 h - 00:30 h


Broken Peach é o perfecto matrimonio entre The Supremes e The Who, é dicir, un grupo vocal feminino acompañado dunha sólida banda de rock. Podería dicirse que é unha banda, podería dicirse que é un coro, ou podería dicirse que é un espectáculo para nenos e adultos... e a verdade, podería dicirse que é un pouco de todo.


O seu eclecticismo músical viaxa desde o soul ata o rock, pasando polo gospel, funk, pop, etc.


 


SÁBADO 29 DE XUÑO


La Patrulla. Baiona | Praza de Ponteareas. 18 h - 19 h


Dentro do seu espectáculo fan un percorrido polos temas más influintes do pop/rock español dos 80-90, con algún temas clásico das décadas dos 60-70 e outros máis actuais.


 


Spanish Castle Magic. Vigo | Casto Sampedro. 19:30 h - 20:45 h


Banda tributo a Jimi Hendrix formada por tres músicos profesionais cunha ampla traxectoria en diferentes campos musicais: concertos, arranxos, docencia, gravación en estudo, sonorización, etc.


 


Crónicas Pop. Vigo | Praza de José Figueroa. 21:15 h - 22:30 h


Crónicas Pop é un tributo ao Pop-Rock en castelán, formado por Willy Prada (baixo), Quique Villagrasa (guitarra), Roi Facal (guitarra), Lucía Alonso (voz) e Rafael Álvarez (batería). O nome do grupo débese ao seu repertorio, que é unha crónica do Pop-Rock nacional e hispano, dende os anos 80 ata a actualidade.


 


Moon Cresta. Vigo | Praza da Constitución. 23 h - 00:30 h


Moon Cresta é o resultado de sumar o esforzo, destreza, creatividade e entrega de catro músicos baixo o emblema de "Power & Funk".


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: