www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 23 de Setembro de 2019

O Sonoaire encherá de música as prazas de Redondela
Cultura • 25/06/2019
Autor: M. X. Queimaliños

Sete concertos son os programados dentro da III edición deste festival que se desenvolverá nas prazas do casco urbano este venres e sábado. Concertos de proximidade, para todos os públicos, con propostas que van dende o rock, o pop ao blues. Un público itinerante que se irá achegando aos diferentes escenarios nos que se poderá escoitar a música de Aretha Tribute, BlackStereo e Broken Peach na xornada do venres a partir das 20:00 horas. O sábado 29 actuarán La Patrulla, Spanish Castle Magic, Crónicas Pop e pechará o programa a música de Moon Cresta.


Unha cita para esta fin de semana que enche de música as rúas e prazas da vila. Música para todos con propostas dunha gran variedade de estilos, orientados dende o público infantil ata o máis adulto, pasando polo pop, o indie, o rock, o soul e o jazz.


Os vigueses de Aretha Franklin Tribute Band serán os encargados de abrir o festival o venres ás 20:00 horas coa súa particular homenaxe á raíña do Soul na praza de Santiago. De seguido actuará na praza José Figueroa o grupo BlackStereo, chegados dende Nigrán cos seus ritmos Soul, Rhythm&Blues, Disco e Funk. Pechará a xornada un concerto ás 23:00 horas a cargo de Broken Peach un grupo vocal feminino acompañado dunha sólida banda de rock que actuará na praza da Constitución.


O sábado a proposta musical amplíase con catro formacións cuxas actuacións arrancarán xa as seis da tarde na praza de Ponteareas co pop rock dos anos 80/90 que nos ofrece La Patrulla. O público desprazarase a continuación á rúa Casto Sampedro onde está prevista a actuación de Spanish Castle Magic, banda tributo a Jimi Hendrix formada por tres músicos profesionais  que arrancará o seu concerto ás 19:30 horas.


Crónicas Pop animarán a praza de José FIgueroa a partir das 21:15 e pechará a xornada a banda viguesa Moon Cresta co seu estilo"Power & Funk" quese poderá escoitar a partir das once da noite na Praza da Constitución.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: