www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 16 de Xullo de 2019

Fornelos convoca a III edición do Premio de Xornalismo Manuel Lueiro Rey
Cultura • 25/06/2019
Autor: M. X. Queimaliños

O Concello de Fornelos de Montes convoca a terceira edición do Premio de Xornalismo Manuel Lueiro Rey, que busca honrar a memoria do ilustre escritor e contribuír á promoción xornalística en galego. Para a selección do traballo premiado, o xurado terá en conta a orixinalidade dos artigos, a adecuación ao tema e xénero solicitados así como a claridade expositiva e a calidade lingüística.


Cada participante pode enviar un único artigo, escrito en galego nun estilo xornalístico de carácter divulgativo e/ou de opinión no ámbito da denuncia social. Os artigos presentados deberán ter entre 2.500 e 3.500 caracteres con espazos incluídos (entre 450 e 600 palabras, aproximadamente).


Os artigos deberán presentarse por cuadriplicado, ben no propio Concello (Praza da Igrexa, 1) ou por correo certificado, indicando unicamente o pseudónimo no remite, antes do día 30 de xuño de 2019. A persoa gañadora recibirá 1000 euros.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: