www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 20 de Outubro de 2019

Cruz Vermella organiza unha ludoteca para nenos no verán
Sociedade • 24/06/2019
Autor: M. X. Queimaliños

A asociación organiza esta actividade que se vai desenvolver os martes e xoves nos meses de xullo e agosto. Unha ludovermella que está orientada a nenos e nenas de 6 a 13 anos de idade en horario de 10:30 a 13:00 horas. As inscricións, de balde, deben realizarse na oficina da Cruz Vermella nos baixos da Casa da Cultura.


A Ludovermella pretende ofrecer aos participantes a posibilidade de aproveitar o  seu tempo de ocio durante o verán dun xeito educativo e lúdico. Explican dende Cruz Vermella que este proxecto promoverá a interrelación de distintos grupos de idades fomentado a cooperación, a empatía, o compañeirismo e valores que axuden o desenvolvemento integral da súa persoa. Será impartido polo voluntariado que colabora coa entidade en Redondela e levarase a cabo na Alameda onde se desenvolverán actividades de ocio ao aire libre mentres que na propia sede na Cada da Cultura aprenderán a realizar diferentes manualidades.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: