www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 23 de Setembro de 2019

Todos a remar na Escola de Verán do C.R. Chapela
Deporte • 24/06/2019
Autor: Ana Prieto

Un ano máis, coa chegada das vacacións, o Club de Remo de Chapela pon en marcha a súa Escola de Verán. Unha iniciativa coa que pretenden achegar aos máis novos ao mundo do remo dun xeito lúdico. O curso comeza o 1 de xullo e prolóngase ata o 30 de agosto. Está dirixido a nenos e nenas de 7 anos en diante.


Nestes dous meses, e durante tres días á semana, os participantes coñecerán o mundo do remo, pero tamén terán tempo para practicar xogos e outras actividades lúdicas. Julio Prado, presidente do C.R. Chapela, sinala que tamén supón unha alternativa para as familias no período de vacacións escolares dos rapaces, con actividades os luns, mércores e venres de 10.30 a 12.30 horas. Trátase dunha iniciativa que ven repetindo a entidade nos últimos anos e que está a supoñer un éxito de participación. A Escola de Verán é un bo xeito de dar a coñecer o remo entre os máis novos, que aproveitan os meses de vacacións para achegarse ás actividades náuticas. Moitos deles continúan logo no club, pasando a formar parte da ampla canteira do remo de Chapela. As inscricións poden facerse nas instalaciós do propio club, no baixo da piscina de Chapela, ou nos teléfonos 986 45 29 76 e 650 45 77 11. O prezo da actividade é de 35 euros para un mes, ou 60 euros os dous meses.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: