www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 16 de Xullo de 2019

Quince persoas xordocegas fan parada en Redondela na súa peregrinación cara Santiago
Sociedade • 24/06/2019
Autor: M. X. Queimaliños

A alcaldesa Digna Rivas, recibia o sábado na Alameda os participantes do reto «A Santiago pola Xordocegueira», unha actividade que permite realizar o Camiño de Santiago a persoas xordocegas de toda Europa, acompañados polas súas familias, amizades e voluntarios e voluntarias. Unha actividade que conta co apoio da organización de Discapacidade Sensorial de Galicia, XOGA, coa que o concello mantén unha intensa colaboración.


Era a súa presidenta María Jesús Monterde a encargada precisamente de agradecer ao concello o taballo conxunto que están a desenvolver nos últimos qanos. De seguido falaba Digna Rivas quen expresaba a necesidade de visibilizar a xordocegueira "para conseguir unha inclusión efectiva e real destas persoas na sociedade".


Nese senso, a alcaldesa redondelá incidía sobre a importancia de desenvolver "continuas accións" e subliñaba a importancia "de actividades como esta que non só contribúen a chamar a atención da sociedade sobre a problemática das persoas xordocegas, senón que lles permiten gozar dun tempo de lecer diferente".


Precisamente, co obxectivo contribuír á visibilización destas persoas, o edificio do Concello de Redondela tinguirase de cor verde durante os vindeiros días 26 e 27 de xuño.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: