www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 14 de Novembro de 2019

Un graffiti para lembrar a Xela Arias
Cultura • 19/06/2019
Autor: M. X. Queimaliños

A escritora de Sarria forma parte xa da historia local logo de que a Biblioteca de Chapela pasara a chamarse biblioteca Xela Arias. Unha proposta que chegara do Instituto da parroquia que quere tamén homenaxear a Arias con graffiti realizado por dous alumnos do centro, Xosé Alvarez Braños e Raúl de Díos Iglesias, no que se recolle un verso dun poema que di "independénciome para que eu saiba onde quero estar atada" que o alumnado leu en clave feminista e de empoderamento da muller.


O instituto de Chapela, no que Xela Arias impartiu clase no curso académico 2000-2001 como profesora de lingua castelá, quere tamén sumarse ás homenaxes que se lle renderon á escritora nos últimos meses logo de que se nomeara a Biblioteca de Chapela na súa honra.


Por este motivo dous alumnos do centro encargáronse de realizar un grafitti en lembranza da poeta no que se recolle un verso do poema "Independencia 2" e no que se pode ler "Independénciome para que eu saiba onde quero estar atada".


A realización do grafitti, coordinada desde o Equipo de Dinamización da Lingua Galega, sitúase dentro dunha liña de decoración dos muros do noso centro nos que tamén están presentes Castelao, Rosalía de Castro, Celso Emilio Ferreiro ou os trobadores da ría.


A acto de inauguración será este venres e contará co recitado de versos e música por parte do alumnado do centro ao que asistirá o fillo da poeta, Darío Gil Arias.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: