www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 16 de Xullo de 2019

Conta atrás para o XXI Campus de Verán do Balonmán Chapela
Deporte • 18/06/2019
Autor: Ana Prieto

Xogos, excursións, praia, veladas, convivencia e moito deporte agardan polos participantes do Campus de Verán. Celébrase do 1 ao 6 de xullo no pavillón Municipal "Manuel González soto" e está dirixido a rapaces e rapazas de entre 5 e 15 anos de idade.


A directiva do Club de Balonmán Chapela xa ten todo a punto animar aos nenos a practicar balonmán dun xeito máis lúdico, con actividades como o XXI Campus de Verán Balonmmán Chapela. Será do 1 ao 6 de xullo e está dirixido a menores de entre 5 e 15 anos de idade. Os participantes podrán practicar deporte, e tamén farán excursións á illa de Arousa e a Brilat en Pontevedra. Pasarán catro noites no pavillón "González Soto" de Chapela e tamén haberá actividades na praia de Arealonga. O prazo de inscrición xa está aberto, e o prezo é de 90 euros. Poden informarse nas oficinas do club e tamén nos teléfonos 630 850 698 ou 661 493 235.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: