www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 14 de Novembro de 2019

Aparatoso accidente en Cesantes cun camión envorcado
Sucesos • 17/06/2019
Autor: Lorena Otero

O accidente acontecía pouco despois das 16.30 horas na zona da Pantalla. Unha saída de vía provocaba o envorco do camión que ía cargado. O condutor resultou ferido leve e puido saír polos seus propios medios. O accidente provocou o corte momentáneo dun dos carrís da N-550 pero xa se circula con normalidade pola zona.


O camión, pertencente a unha empresa de transporte de Vilaboa, ía cargado e por causas que aínda se descoñecen saíase da estrada pouco antes das cinco da tarde cando circulaba pola estrada N-550 dirección Pontevedra, á altura da Pantalla. Malia a aparatosidade do sinistro que deixaba ao camión envorcado nun dos carrís da estrada, non hai que lamentar feridos graves nin máis vehículos implicados. O condutor do camión conseguía saír polos seus propios medios rachando o parabrisas do vehículo e non sufriu feridas de gravidade segundo informacións da policía local. O home foi trasladado ao centro hospitalario de Fátima, en Vigo.


O accidente provocou o corte momentáneo dun dos carrís, pero logo dunha hora a circulación xa se restableceu na zona. Até o lugar desprazáronse axentes da policía local, bombeiros e unha ambulancia medicalizada.


 


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: