www.radioredondela.com | Hoxe é Venres, 6 de Decembro de 2019 |
Redondela adxudica a rehabilitación do antigo colexio de Trasmañó para Centro social
Institucional • 13/06/2019
Autor: M. X. Queimaliños As instalacións do antigo colexio de Trasmañó, que permanecen baleiras dende o ano 2010 cando a Consellería de Educación pechara as aulas por falta de nenos, converteranse no prazo de tres meses nun espazo cultural para uso dos veciños. A obra foi adxudicada a empresa Degalle Construcciones por 152.000 euros e será financiada con cargo ao remanente de tesourería. A actuación fora aprobada en pleno cos votos de PP e AER en maio do pasado ano. O obxectivo é que o edificio, que leva case unha década en desuso, teña unha nova vida logo de ser rehabilitado para uso veciñal como local asociativo e espazo cultural. O inmoble, de propiedade municipal, consta de dous andares duns 370 metros cadrados en cada unha delas. Conta ademais cunha parcela duns 3.500 metros cadrados, polo que dispón dun amplo espazo exterior.
|
Comentarios |
|
|