www.radioredondela.com Hoxe é Sábado, 19 de Outubro de 2019

Atreides, Eclipse e Avalach traerán a Redondela a mellor música "hard rock e heavy metal"
Cultura • 11/06/2019
Autor: Ana Prieto

Nas Festas da Coca o Campo da Feira acollerá un concerto dirixido aos amantes da música "máis cañeira". Actuarán grupos de moito prestixo como o galego Atreides, Eclipse, procedente de Suecia, ou a formación asturiana Avalanch. Será o venres, 21 de xuño, ás 20.30 horas con entrada de balde.


As tradicionais Festas da Coca volverán contar este ano cunha xornada adicada aos seguidores da música metal e heavy. Unha iniciativa posta en marcha hai uns anos para diversificar a oferta musical das festas "para que o público xoven teña tamén o seu día", como explicaba a concelleira de Cultura en funcións, Teresa Parí. Este ano o cartel é de gran calidade, con tres grupos de proxección nacional e internacional, como Avalanch, que ofrecerá en Redondela un dos seus poucos concertos en Galicia, polo que se agarda gran afluencia de afeccionados desta banda asturiana, unha das máis importantes do momento. Alberto Rionda, líder de Avalanch amosouse "ilusionado" por poder tocar nestas festas, e tamén moi sorprendido "pola intereseante lenda do dragón da Coca". A representación galega correrá a cargo do grupo galego Atreides, encabezado por Dany Soengas, moi cercano ao power metal primixenio. Soengas agradeceu ao Concello de Redondela "a aposta que fai por este tipo de música", que polo xeral queda fóra da programación das festas populares. Pecha o cartel o grupo sueco Eclipse, banda de hard rock melódico, que segue o ronsel de grandes formacións como Europe. Na presentación do concerto, o alcalde en funcións, Javier Bas restaltou que este tipo de música conta "con gran tradición en Redondela", e asegurou aos participantes que terán un público "entregado". As actuacións terán lugar o venres 21 de xuño no Campo da Feira, a partir das 20.30 horas, con entrada de balde.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: